Discos do Cómaro

No futuro inmediato postnuclear, Ki, de FurAlleFalle e Federico, de Flesfa y Dublé crearon un selo para editar música electrónica.

Música electrónica feita no rural. Música que achega ao ointe dúas cousas en diversos porcentaxes: un universo narrativo particular e a tradición do folklore.

Autoeditaremos traballos dos nosos proxectos máis eutróficos, mais estamos abertos a que contactedes con nós. Hai que facer rede.
Se lembro ben, un cómaro é o límite da terra de labranza que por non estar traballado está sempre verde. Discos do Cómaro. Discos da fronteira labrada, discos sempre verdes, sempre frescos.

ki@ruralc.com
federico.flesfa@gmail.com

Podedes escoitar a primeira referencia do catálogo no bandcamp:

DDC001 // Os Gru – Ai Ruada

http://comaro.bandcamp.com

estampita_discos_cómaro

cantigas de santa maria do cómaro

Anuncios