MISa MIx

Ola!! Xa fai un ano que estamos vivindo en Güimil e como hai que estar no activismo do común, organizamos unha romería que se celebrou o 31 de maio. Estamos moi contentos co resultado, coa xente que participou. Xa estamos pensando no Misa MIx 2. Así o presentamos en sociedade

“Xentes todas!! ´
Temos o pracer de presentarvos o MISaMix.
Unha xornada, unha romería, en Güimil, unha pequena aldea do rural galego. Queda preto do Ponte do Porco, por onde pasa o camiño inglés e onde sucedeu a lenda de Roxín Roxal. Seguindo o río Lambre dende Miño chegas ao concello de Vilarmaior, e alí entre os ríos queda Güimil.

O MISaMix nace para tecer redes na comarca e reavivar coa nosa pequena contribución a activdade cultural da zona. De aí esta xornada festiva, poética, cómica e musical.

Comezaremos cedo. Actividade dende a mañá ata a tardiña. Primeiro faremos un roteiro polo río Lambre e os muíños de Güimil con Federico Flesfa Dublé . Logo co xantar, “AldaoLado”, todo un festín!!. Sobremesa con Maruxa Quiroga. Subasta crowdfunding con produtos ecoMISa da comarca. E para a tardiña, o dúo cómico de Ferrolterra “Amargo Sueco” e o grupo de electrotón de Monfero.

Agardámosvos cos brazos abertos para pasar esta xornada de domingo falando e comendo, escoitando e bailando.

Programa:

Durante todo o dia haberá comida e bebida.
Coidado das crianzas por Lúa Clara.

11:00 – 13:30 Roteiro polo río Lambre e os muíños de Güimil con Federico Flesfa Dublé.

13:30 -14:30 – Alborada electrónica.
A alborada é unha forma musical que se canta pola mañá e ao ar libre.

15:30 -16:30 – AldaoLado
Un espectáculo de poesía.
En palabras de Diego Ameixeiras: “Aldaolado están a favor de romper co estereotipo da poesía entendida como alarde ximnástico de minorías ilustradas. Xogan libremente á desmitificación, incitan ao combate expresivo. Lado e Aldao son desas poetas a ras do chan que disparan versos para cantar victoria entre os entullos, para que unha se convenza de que nesa noite debe regresar o máis tarde posible a casa. Desas poetas que prescriben medicación entusiasta para continuar en malos pasos, desas poetas que nos obligan a saír fóra dunha vez e sentir algo semellante á emoción do dianteiro suplente que marca o gol decisivo”.

16:30 -17:30 – Sentidos olvidados, sentidos recuperados.
Unha sobremesa con Maruxa Garcia Quiroga
Experta en temas relacionados cos alimentos e doutora en percepción sensorial. Apaixonada pola interacción cencia-arte que nos traerá unha proposta sensorial experimental sonora para a degustación dos licores nunha cata a cegas.

17:30 -18:30 – Subasta crowdfunding de productos da comarca.

19:00 -20:00 – Amargo Sueco
Dueto de teatro musicado con moita sátira. Versionean clásicos musicales.
O incongruente e o insólito, o non e o sí, o sí e o non.

20:00 -21:00 – Cuerpo Astral
A súa música fusiona clásicos tradicionais co máis actual de todos as demais, amosando que o tempo e o espazo non existen.
A través da escoita mística poderás adiviñar o centro de casi todo o que non se ve.

Organizan:

Rural Contemporánea.
Colectivo de acción social implicado na valorización e visibilidade do Medio Rural a través do seu proxecto Rural Contemporánea. Dende a sua asociación abordan diferentes problemáticas existentes no medio rural utilizando a creatividade como ferramenta de participación comunitaria e os imaxinarios tradicionais como forma de propagación de coñecemento. Máis en http://www.ruralc.com/

Discos Cómaro.
Selo discográfico.

Sonoriza:

Flesfa Entertaiment System by Federico Flesfa

Colaboran:

Artesáns da Innovación é unha entidade facilitadora da innovación e a creatividade como vehículo para a participación cidadá nos seus diversos planos: cultural, artística, formativa, de lecer…Máis en http://semillasdeinnovacion.wordpress.com/

Casa Pousadoira http://www.pousadoira.com/
Proxecto de recuperación e posta en valor dunha explotación agrícola familiar de Galicia.

Muiño net-o.
É unha asociación que ten entre os seus obxectivos a difusión das tecnoloxías no medio rural, o desenvolvemento comunitario e o momento da participación social en pé de igualdade. http://muinhonet-o.blogspot.com.es/
Daniel Espiñeira

Luar: Queixos e mermelos. Irixoa.
José Manuel Bretón

Pan do tres: Familia tradicional panadera en activo dende 1955 que conta cun amplio recoñecemento no mundo da panadería artesana galega.

Inais Trabajos En Pladur Empresa especializada en servicios de montaje de estructuras de aislamiento. http://inais.es/

PrintText centro de impresión, diseño, encadernación, plastificado, impresión de camisetas, rotulación con vinilo, etc.

Bar La Cuesta. Miño.

Millo e Landras
Finca de agricultura y ganadería ecológica situada en el centro de la Provincia de A Coruña. Venden productos a grupos de consumo y en mercados ecológicos locales. Tienen producción de hortaliza de temporada, Porco Celta, Ovella Galega, Polo y Galiña de Mos, burros para trabajo y caballos para hacer abono.
http://milloelandras.blogspot.com/

cartel misamix_31_maio

11119118_654202158043589_4413533836505303992_n

11140789_10205889009517067_1762392702716859270_o

dsc_0582

dsc_0583

dsc_0584

dsc_0586

dsc_0658

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s